Catálogo en liña:
Comezo  |  Empresa      Tenda en liña  |  Ofertas  |  Clientes  |  Pedidos  |  Contacto  |  Condicións  |  Ligazóns  |  Axuda  
Procurar:
  :. Catálogo PDF
  :. Autores
  :. Novidades
  :. ¿Queres publicar?
  :. Novas
  :. Galería de imaxes
  :. Premios e convocatorias
  :. Próximos lanzamentos

> Ofertas e promocións

 :: Comezo > Publicar  

  ¿Queres publicar con Toxosoutos.com?.



PRESENTACIÓN DE ORIXINAIS

Enviarase xunto coa proposta editorial unha ficha na que figuren os datos seguintes: NOME E APELIDOS, D.I., ENDEREZO POSTAL E OBRA XA PUBLICADA (se é o caso).

Criterios lingüísticos e normativos:
A lingua empregada haberá de axeitarse ás Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego publicadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en 2003 (dispoñible en PDF en

http://www.xunta.es/linguagalega/normas_ortograficas_e_morfoloxicas).

Nos casos de dualidade, a Editorial resérvase o dereito de utilizar como opcións as que compoñen a seguinte relación:

 1.- SIGNOS DE INTERROGACIÓN E ADMIRACIÓN.- empregarémolo ao comezo e tamén ao final (páxina 40).

 2.-  TERMINACIÓN –BLE /-BEL.- empregamos –ble e o seu plural –bles (páxina 59).

 3.-  CONTRACCIÓNS Ó, ÓS / AO, AOS.- empregamos a representación ao, aos (páxina 86).

 4.-  ENCONTRO DE ARTIGO E CONXUNCIÓN COMPARATIVA CA.- optamos pola representación ca o(os), ca a(as) en lugar das contractas có(ós), cá(ás).

Criterios de presentación e estrutura para os traballos de ensaio (aplicables tamén para os traballos presentados ao Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal):

1.- Introdución

2.- Corpo do traballo

3.- Transcrición de documentos (se é o caso)

4.- Bibliografía (ao final do traballo):

        Modelo de cita:

                        VILA, Suso (2010), A casa de Soutomaior (1147-1532), Noia, Toxosoutos.

                        Nas notas ao rodapé reproducirase completa a referencia na primeira cita, e abreviada as                             restantes. Así, segundo o modelo proposto, a cita abreviada sería: Vila, Soutomaior.

5.- Índice onomástico

6.- Índice toponímico

                Formatos

O texto remitirase en word e evitarase todo formato que dificulte a súa maquetación. As imaxes serán enviadas noutro documento indicando o capítulo onde deben incluirse.



Se desexas publicar con Editorial Toxosoutos podes premer na seguinte ligazón para acceder ó formulario de contacto.

>> Contactar con Toxosoutos.com <<.


Non esqueza indicar todo os detalles da obra que desexa publicar no campo "Asunto".


Tamén pode enviar a sua obra nun arquivo en formato dixital (DOC, PDF, RTF) ó seguinte enderezo de correo:

Comezo  |  Empresa  |  Tenda online  |  Ofertas  |  Novedades  |  Autores  |  Clientes  |  Pedidos  |  Contacto |  Condicións |  Ligazóns |  Axuda 
Editorial Toxosoutos S.L. - Toxosoutos.com

C/ Cruceiro do Rego, 2 - Obre -   C.P. 15217     Noia (A Coruña) -  Tel:981825835 -  Fax: 981821690
Toxosoutos.com - Página de inicio
  Deseño web:-> kantaronet - Deseño de páxinas web en Galicia