Catálogo en liña:
Comezo  |  Empresa      Tenda en liña  |  Ofertas  |  Clientes  |  Pedidos  |  Contacto  |  Condicións  |  Ligazóns  |  Axuda  
Procurar:
  :. Catálogo PDF
  :. Autores
  :. Novidades
  :. ¿Queres publicar?
  :. Novas
  :. Galería de imaxes
  :. Premios e convocatorias
  :. Próximos lanzamentos

> Ofertas e promocións

 :: Comezo > Premios e convocatorias  

  Premios e convocatorias - Toxosoutos.com.



PREMIO HISTORIA MEDIEVAL DE GALIZA E PORTUGAL 2009:

        GAÑADOR: A CASA DE SOUTOMAIOR, DE SUSO VILA

        FINALISTA: AS MOEDAS MEDIEVAIS GALEGAS, DE ERNESTO IGLESIAS

CONVOCATORIA 2010

        ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ORIXINAIS  ATA NOVEMBRO DE 2010

        IMPORTANTE:

                        Consulta en www.toxosoutos.com

                        o apartado ¿Queres publicar? para as normas de presentación de orixinais.

BASES:

PRIMEIRA

Poderán concorrer ao premio todos os autores de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en lingua galega ou portuguesa. Os textos deberán ser inéditos cun mínimo de 150 folios a dobre espazo. Valoraranse o rigor, a innovación metodolóxica e o interese para a sociedade.

SEGUNDA

Os traballos de Historia Medieval de Galiza comprenderán toda a etapa medieval. Os traballos de Historia Medieval de Portugal cinguiranse ao período de historia en común.

TERCEIRA

Presentarase o orixinal e cinco copias antes do 1 de novembro de 2010 en:

Editorial Toxosoutos

Cruceiro do Rego, 2 - Obre

15217 NOIA (A Coruña)

CUARTA

Con cada orixinal, que deberá ser presentado baixo lema, xuntarase, en sobre pechado, o nome completo, enderezo e teléfono do autor, así como o título da obra.

QUINTA

O premio considerará dúas clases de galardóns, nomeadamente, un gañador, ao que se lle asigna unha dotación económica de 4.000 E, e un finalista, que recibirá unha cantidade de 1.200 E. En ambos os dous casos, os traballos serán publicados pola Editorial Toxosoutos na súa colección Trivium, renunciando os autores aos dereitos da primeira edición, tanto en galego como noutras linguas de posíbel publicación por parte da devandita editora.  Aínda que os premios poderán quedar desertos ou ser compartidos en calquera das categorías sinaladas.

SEXTA

O xurado estará  composto por cinco especialistas de recoñecido prestixio, e actuará como secretario sen voto un membro da Editorial Toxosoutos.

SÉTIMA

O fallo do xurado darase a coñecer o día 17 de decembro, aniversario da morte do Mariscal Pardo de Cela.

OITAVA

O xurado poderá recomendar a publicación dos traballos que, aínda non sendo premiados, sexan de calidade.

NOVENA

Os autores e autoras quedarán comprometidos a realizar as modificacións precisas nos documentos finais e/ou subministrar os arquivos de código fonte necesarios para que poidan ser publicados total ou parcialmente no formato máis adecuado.

DÉCIMA

A participación nesta convocatoria presupón a aceptación das presentes bases, así como as decisións do Xurado, que serán inapelábeis.

 

 

Noia, 5 de abril de 2010

Comezo  |  Empresa  |  Tenda online  |  Ofertas  |  Novedades  |  Autores  |  Clientes  |  Pedidos  |  Contacto |  Condicións |  Ligazóns |  Axuda 
Editorial Toxosoutos S.L. - Toxosoutos.com

C/ Cruceiro do Rego, 2 - Obre -   C.P. 15217     Noia (A Coruña) -  Tel:981825835 -  Fax: 981821690
Toxosoutos.com - Página de inicio
  Deseño web:-> kantaronet - Deseño de páxinas web en Galicia