TOXOSOUTOS é unha editorial galega nacida para encher un espazo no mundo do libro. Temos estreitos vínculos coa imprenta GRÁFICAS SEMENTEIRA, o que nos facilita elaborar unha producción anual ampla e a custos moi reducidos, onde o principal beneficiario é o noso lector. A nosa perspectiva inicial foi ter unha capacidade de xestión de produción independente, cun control da distribución para que vostede poida chegar facilmente a nós.
Os contidos que ofrecemos son variados e amplos: historia (mundo celta, medieval, moderno e contemporáneo), narrativa (novela histórica e novela actual), poesía, investigación, banda deseñada, biografías, ensino, edición e tradución, temas locais e economía. O noso obxectivo é cubrir as necesidades de ocio dos nosos lectores con obras amenas e ofrecer traballos profesionais e rigorosos que nos dotan dunha individualidade e especialización nos campos citados.